Comunidade Caná

Comunidad Católica de Alianza integrada por familias en el seno de la Renovación Carismática

A Palabra en FAMILIA

By 10:39

A Palabra... en familia en Compostela
LECTURA pública e continuada da BIBLIA,
un libro de plena actualidade e decisivo para a Humanidade





A BIBLIA lida en público
por esposo e esposa, 
pais e fillos, irmáns, 
avos e netos, 
mulleres e homes
de diferentes eidos sociais




Ven LER a BIBLIA en FAMILIA 
na Praza da Inmaculada
Queremos poñer en valor a Palabra de Deus na vida cotiá, como lámpada que ilumina os pasos das nosas vidas e das vidas das nosas familias.
Durante toda a xornada, que dará comezo ás 11:00, realizaranse actividades lúdicas para nenos; lerase a Biblia en diferentes idiomas; poderase visitar unha exposición de Biblias; virán convidados famosos; e haberá algunha sorpresas máis… A clausura prevese ás 20:00.
É bo que a lectura da Biblia sexa cotiá nas nosas casas
Os crentes atopamos nos seus textos toda unha historia de proximidade de Deus, lembramos todo un camiño percorrido xunto a El… En definitiva, unha historia de amor persoal e, ao mesmo tempo, unha historia de amor compartida con todos os pobos da Humanidade.
Non existe unha idade mínima para a súa lectura. A gran cantidade de textos que existen na Biblia, permítennos escoller as historias adecuadas para cada momento e situación, despregándose ante nós a bondade de Deus, a súa voz escrita, a súa mensaxe chea de sabedoría.
Quen pode, entón, vir ler a Biblia o 28 de setembro?
    A Biblia non só poden lela os crentes, senón todo aquel que busca sempre algo máis. Todo aquel que sentíndose insatisfeito anhela atopar as verdades que lle permitan vivir feliz e en harmonía con toda a creación na que vive.
Poden vir familias enteiras. Poden vir curiosos, sós ou en compañía. Poden vir crentes que coñecen a Biblia. Cristiáns de todas as confesións. Ateos. Buscadores de algo máis… Todo aquel que considera a Biblia algo importante; ou todo o que, sen coñecer aínda se ler a Biblia merece a pena… queira atreverse a descubrir uns textos que poñen voz a Deus.
É necesario inscribirse desde a nosa páxina web e seleccionar en que franxa horaria quere un facer a lectura. Recibirá un email coa información necesaria para ese día. Todas as novidades deste evento iranse publicando en www.comunidadecana.org.


0 comentarios