RCC Galicia: breve historia dos comezos
A Renovación Carismática Católica chegou a Galicia no Ano Santo de 1975. O 19 de marzo, día de S. Xosé, celebrouse o primeiro Retiro no Colexio A Salle de Santiago de Compostela. Os sacerdotes León Maxfield e Pedro Fernández viñeron dirixilo dende Salamanca. Asistiron irmáns de Santiago e algúns de Boiro e A Coruña. Había moitos relixiosos e relixiosas e bastantes xoves.
Aquel Retiro deu lugar ó nacemento -na capital de Galicia- do primeiro Grupo de Oración, que se chamou Siquén. Ao ano seguinte -1976- comezan outros dous :
- O Grupo Shalom (A Coruña), con varias relixiosas (dúas Esclavas, dúas Oblatas e unha da Grande Obra de Atocha), un sacerdote pasionista (Xesús Prieto) e tres xoves (Montse, Javier e Mª Carmen).
- O Grupo Esperanza (Vigo), cunha monxa xesuitina (Henar) e un estudiante do Colexio A Salle de Santiago residente na cidade olívica (Javier).
No ano 77 celébrase a 1ª Asamblea de Galicia dirixida por tres dos cinco membros da Coordenadora Nacional. Este encontro servirá para impulsar o nacemento de novos Grupos e para elixir a 1ª Coordenadora de Galicia, formada por Antonio Peteiro (sacerdote franciscano de Santiago que, en 1983, sería nomeado Arcebispo de Tánxer), Henar Martín (xesuitina de Vigo) e Javier e Montse (matrimonio de A Coruña). Ao ano seguinte revísase este equipo coordenador e engádeselle un quinto membro: Jesús Sánchez (sacerdote xesuita de A Coruña).
1 comentarios
En MARZO 2015 cumplimos... ¡40 AÑOS!
ResponderEliminar¡Para Gloria de Dios!